Polo karaoke Saiñeiro pasaron algúns dos máis destacados artistas do Barbanza, onde puideron dar renda solta ás súas capacidades, sendo semilleiro de figuras musicais que participaron en diversos concursos de cadeas locais de TV e, incluso, en programas da TVG como Téquele-Téquele ou Teleshow.
Ademais, o noso amplo repertorio conta con cancións de hoxe e de sempre, que permiten aos nosos clientes gozar da boa música e expresa-las súas dotes artísticas cos grandes clásicos da música española e estranxeira coa que contamos no karaoke.
O karaoke Saiñeiro de Noia é, en fin, un referente de diversión e música en toda a zona do Barbanza, atraendo non só cantantes de Noia, senón tamén as mellores voces de Porto do Son, Outes, Boiro, Riveira, Pobra do Caramiñal... |