hosteleriabarreiro.com
inicio quen somos novas localización ligazóns contacto mapa web
Carnicería Barreiro
 carnicería barreiro
  - a carnicería barreiro
  - as nosas especialidades
  - horarios e localización
  - galería fotográfica
  - formulario de contacto
os nosos locais
Karaoke Saiñeiro
tío manolo
Restaurante Karaoke Saiñeiro
saiñeiro
Cafetería París
cafetería parís

A Carnicería Barreiro de Noia é toda unha institución na nosa localidade. Con máis de 40 anos de experiencia brindando carnes de máxima calidade, a carnicería Barreiro é unha referencia na venda de produtos cárnicos.
 

A carnicería Barreiro de Noia posúe a licenza nacional de elaboración de embutidos, cuxa fama nos precede, salientando entre todos eles os tan demandados chourizos, e en especial a súa variedade de chourizos picantes.

Ademais, a carnicería Barreiro especializouse nestes anos na preparación de hamburguesas, lombo e zorza, que son especialmente solicitados polos nosos clientes debido ao seu extraordinario sabor e á súa excelente calidade.

A excelente calidade das carnes que comercializamos na carnicería Barreiro, a nosa traxectoria, que soubo adaptarse á modernidade conservando o bo facer dun negocio familiar e tradicional e, sobre todo, a garantía de confianza na que nos temos convertido, permiten á carnicería Barreiro ser o referente en carne de máxima calidade en Noia.

Carnicería Barreiro
 Hostelería Barreiro - Noia - A Coruña (Galicia) - 981 822 850 contacto mapa web aviso legal
Diseño Web: NAI Soluciones Informáticas ADMIN