A cafetería París de Noia é, polo seu horario, un dos primeiros lugares onde se pode almorzar en Noia, xa que comezamos a servir as nosas especialidades a partir das 7 da mañá, o que nos convirte en practicamente o único local onde almorzar cedo en Noia.
Pero no París non só nos especializamos en almorzos, senón que contamos cun excelente servizo de bar e cafetería, de xeito que podes gozar connosco dun incomparable lugar onde disfrutar dun café cos amigos, tomar un aperitivo ou a onde ir gozar dunha cervexa despois do traballo. Convidámosche a que te achegues á cafetería París e descubras por tí mesmo as nosas especialidades, os nosos magníficos almorzos e o perfecto marco onde gozalos, o noso local en San Lázaro, en Noia. |