Esta páxina está adaptada á Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico
(LSSI), contén os termos e condicións baixo as cales María de la Purificación Barreiro Romero (76.517.130-V) ofrece a información,
productos e servizos contidos no seu sitio da Internet dominio.com ós usuarios do mesmo.
Ó acceder a este sitio, o usuario está aceptando os seguintes termos
e condicións. Se vostede como usuario non aceptase ou non estivese dacordo con todos eles, deberá abandoar estas páxinas.
1. Ámbito de Aplicación. Lexislación
e Xurisdicción Aplicable.
Os contidos informativos, productos e servizos incluidos no presente
sitio están dirixidos a usuarios e consumidores con residencia en España e ríxese pola lexislación española.
No caso de controversia en canto á súa interpretación, execución ou cumprimento, as partes,
con expresa renuncia ó seu propio fuero, se o tivesen, sométense expresamente á exclusiva xurisdicción dos
xulgados e tribunais da vila de Noia.
2.
Protección de Datos Personais.
Dacordo ó establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de
Protección de Datos de Carácter Persoal, informamos que os datos de carácter persoal que solicitemos ós
nosos usuarios a través de diversos formularios poderán ser incluidos en ficheiros informáticos, de titularidade de
María de la Purificación Barreiro Romero (76.517.130-V), coa finalidade de manter e xestiona-los servizos, no seu caso,
contratados polo usuario, así como para informalo das actividades, productos e servizos ofrecidos por ou a
través do sitio e da propia empresa.
Os usuarios poderán exercita-los seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude escrita, datada e asinada,
con indicación do seu nome, apelidos, domicilio e fotocopia do DNI, que terá que dirixir a María de la Purificación Barreiro Romero, Costa do Ferrador, 16. 15200 - NOIA (A Coruña) - Galiza
ou ó correo electrónico contacto@dominio.com
Os datos persoais recollidos non serán
en ningún caso cedidos a terceiros, nin feitos públicos, excepto nos supostos en que os propios usuarios sexan os que,
con fins promocionais, os publiquen por procedementos en liña ou soliciten dita publicación de xeito expreso.
María de la Purificación Barreiro Romero (76.517.130-V) mantén as súas instalacións,
sistemas e ficheiros nas debidas condicións para garanti-la seguridade dos datos e evita-la súa alteración,
perda, tratamento ou acceso non autorizado.
A custodia e tratamento dos datos persoais
facilitados polo usuario a terceiras persoas ou entidades proveedoras do sitio corresponde exclusivamente
a aquelas e, en consecuencia, o exercicio dos correspondentes dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou
oposición deberá facerse fronte a aquelas persoas, únicas responsables do seu almacenamento e tratamento automatizado.
O Art. 12 da Lei 34/2002, de
11 de xullo, de Servicios da
Sociedade da Información
e do Comercio Electrónico,
obriga ós prestadores de servicios
de aloxamentos de datos e ós proveedores
de acceso a redes de telecomunicacións
a reter datos de conexión
e tráfico xerados durante
a prestación do servicio
por un período de UN ANO,
que deberán ser facilitados
a Xuices, Tribunais ou Ministerio
Fiscal, no marco dunha investigación
criminal, con obxecto de salvagarda-la defensa nacional, en caso de
que éstes os requeriran.
A obriga de retención
de datos de conexión e tráfico
realízase sen conculca-lo dereito
ó segredo das comunicacións
e, en vigor da citada lei, dominio.com recollerá
e almacenará os mencionados
datos durante o período
descrito.
Os datos recollidos do acceso
dos usuarios a esta web por parte
de dominio.com son: Total
de visitantes á páxina,
día e hora de acceso de cada
usuario, nome do sistema operativo
e do navegador empregado para visualiza-lo
sitio web, dirección IP
asignada polo PSI e dominio do
PSI, PSI ou estado de cada usuario
visitante.
3. Clave Persoal de Acceso.
No suposto de que se tivera facilitado ós usuarios a posibilidade
de crear claves persoais de acceso, compostas por un código de cliente (login) e un contrasinal (password)
para poder visitar zonas de uso restrinxido, estes serán os únicos que poderán facer uso do mesmo e, en consecuencia,
responsabilizaranse por tódalas operacións levadas a cabo con ditas claves.
A este fin, o usuario deberá escoller uns caracteres que non sexan
fácilmente identificables e mantelos en segredo. Facilitar, usar, intentar descifrar as claves de acceso
de outros ou desvelalas a outras persoas non autorizadas é considerado como unha grave violación das normas
de utilización e seguridade. Se o usuario tivera razóns para crer que a súa clave é ou pode ser coñecida por algunha
persoa non autorizada para elo, deberá poñelo inmediatamente en coñecemento de dominio.com, a través do
correo contacto@dominio.com, para que lle sexa asignada unha nova.
4. Exactitude da Información.
As informacións contidas no sitio foron creadas
exclusivamente con carácter divulgativo e non teñen valor oficial, salvo cando así se indique, nin
constituen asesoramento legal como tales.
María de la Purificación Barreiro Romero
(76.517.130-V) non garante que a información contida no sitio sexa exacta,
vixente ou completa. Esta proporciónase "tal e como está" (as
if) e baixo ningunha circunstancia garante, de xeito implícito ou explícito, a obtención
dun resultado determinado ou a súa adecuación a un obxectivo concreto, polo que dominio.com non se
fai responsable de calquera pérdida, xa sexa directa ou indirecta, causada como consecuencia dunha
decisión tomada baseándose na información aquí facilitada.
As informacións e contidos existentes poden ser trocados ou retirados
sen previo aviso. Igualmente, poderánse realizar melloras ou cambios nos productos, servizos,
deseño ou programas utilizados para o seu funcionamento en calquera intre e sen previo aviso.
5. Propiedade Intelectual e Industrial.
O contido deste sitio
(incluindo textos, imaxes, deseños, estructura, combinación de cores, logotipos, animacións,
ficheiros de audio e video, etc.) esta protexido polas leis de propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibida a súa
reproducción -excepto para uso privado do usuario-, distribución, comunicación pública e transformación
sen media-la autorización expresa de dominio.com ou dos seus licenciantes e proveedores, mediante a súa
solicitude á dirección contacto@dominio.com.
6.
Hipertextos e Enlaces con Outros Sitios ou Páxinas.
O sitio contén enlaces (links) a outras páxinas de terceiros,
dos que dominio.com, a pesares das revisións periódicas que leva a cabo, non pode controlar
os contidos. A conexión dun usuario dende o sitio con estes outros lugares da Rede axenos á nosa
empresa realizaranse, polo tanto, baixo a exclusiva responsabilidade do navegante.
En consecuencia, o sitio non pode garantir,
en relación a estas outras páxinas, a súa calidade, exactitude ou adecuación. En xeito algún se pode
considerar que ditas conexións sexan unha prolongación da nosa páxina, nin que compartamos
os puntos de vista nelas expresados ou teñamos relación algunha cos productos
ou servizos proporcionados ou vendidos polas mesmas.
Nembargantes, se observase nelas calquera información que
puidese resultar contraria ás leis, á dignidade das persoas, ou de carácter racista, xenófobo ou
apoloxética do terrorismo ou a violencia, pregamos que no lo comunique mediante correo electrónico
á dirección contacto@dominio.com, co fin de estudia-la conveniencia de eliminalas.
7.
Exención de Responsabilidade.
O sitio non se fai responsable de
calquera dano ou perda, sexa directa ou indirecta, casual ou consecuencial, causado polo acceso ó ou
polo uso do mesmo, das informacións contidas nel, dos productos ou servizos nel ofertados por
terceiros ou de calquera conexión realizada a outras páxinas ou lugares dende este.
O sitio non se fai responsable dos posibles erros que se puideran
producir polo feito de utilizar versións de navegadores non actualizadas, ou das consecuencias
que se puideran derivar do mal funcionamento ou incorrecta utilización do navegador, nin se
responsabiliza ou garante, de xeito implícito ou explícito, que o acceso ó sitio sexa ininterrumpido
ou que este libre de erro.
8. Validez.
Se por calquera disposición legal ou declaración
xudicial algunha das normas contidas nestes apartados non se axustase a dereito, non influirá para que
o resto dos termos e condicións non afectados se consideren válidos a tódolos efectos. |