hosteleriabarreiro.com
inicio quen somos novas localización ligazóns contacto mapa web
quen somos
os nosos locais
Karaoke Saiñeiro
tío manolo
Karaoke Saiñeiro
cafetería parís
Karaoke Saiñeiro
saiñeiro
Karaoke Saiñeiro
carnicería barreiro

O noso grupo de hostalería e turismo na Galiza nace no mes de abril do ano 1994 coa apertura do Restaurante Saiñeiro, en pleno centro de Noia (Galiza). Co tempo, baseados no esforzo e a vocación de servizo, xorden novos restaurantes e cafeterías, que van abrindo as súas portas seguindo a filosofía na que sustentamos o noso día a día: o traballo e a busca da excelencia.
Cada un dos locais de turismo na Galiza que forman parte do noso grupo de hostalería conta cunha identidade propia e oriéntase a brindar un servizo especializado ós nosos clientes. Así, os restaurantes Saiñeiro e A Marina proporcionan unha contorna agradable onde gozar dos mellores pratos da gastronomía da Galiza; as cafeterías París e Alex-Ton marcan a referencia de estilo en Noia para desayunos e tapas; a carnicería Barreiro é sinónimo de carnes de calidade e especialidades tradicionais; o hotel Tío Manolo converterase nunha referencia do descanso e o aloxamento na zona do Barbanza.

Ademais, cada un dos establecementos do noso grupo conta con coidadas especialidades que marcan a diferenza en calidade, sabor e orixinalidade, sendo recoñecidas e eloxiadas por todos aqueles que nos honran coa súa visita.
Turismo en Galicia

O grupo Barreiro de hostalería e turismo na Galiza é, sen dúbida, unha referencia do turismo en Noia (Galiza), pero sobre todo é un conxunto de locais e profesionais cualificados que se poñen a diario a disposición dos nosos clientes para ofrecer os mellores servizos de hostalería na Galiza.
 Hostelería Barreiro - Noia - A Coruña (Galicia) - 981 822 850 contacto mapa web aviso legal
Diseño Web: NAI Soluciones Informáticas ADMIN