O Restaurante Asador Tío Manolo, en Noia, xorde da necesidade de ofrecer aos nosos clientes un espazo de calidade onde gozar das excelencias da cociña galega e, en especial, das súas carnes (tenreira galega, chuletones, entrecostos, solombos...) e os peixes frescos da ría, sen esquecer outros pratos como revoltos, sobremesas, sorbetes, etc.
De apertura conxunta co Hotel Tío Manolo de Noia, en xuño de 2009, a nosa cociña busca sublimar cada detalle do gusto polos ingredientes de máxima calidade e a coidada preparación de cada prato.
Chuletóns de tenreira galega á grella, suculentos entrecostos e solombos, xarretes e estufados; as mellores carnes de Galicia seleccionadas e elaboradas para que poidas gozar ao máximo de cada bocado. Peixes frescos da ría, brochetas de polbo, mariscos... Non deixes de descubrir todas as especialidades que preparamos no Restaurante Asador Tío Manolo de Noia (Galicia). |