Colaboradores e tertulianos de Radio Líder Noia, capitaneados por Ton Lorenzo, celebraron unha cea de confraternidade no hotel-asador Tío Manolo desa localidade. Ao acto asistiron o doutor Fandiño, o enfermeiro xubilado Víctor Vez, o doutor Deus, Juan López, José Martínez, Rocío García, Yolanda Gómez, Loli Rama, Isabel Veiras, Ricardo Güeto e David Saavedra. A sobremesa prolongouse ata ben entrado a noite nun clima de cordialidade.
|