hosteleriabarreiro.com
inicio quen somos novas localización ligazóns contacto mapa web
Restaurante Karaoke Saiñeiro
restaurante saiñeiro
  - o restaurante saiñeiro
  - karaoke saiñeiro
  - as nosas especialidades
  - horarios e localización
  - galería fotográfica
  - formulario de contacto
os nosos locais
Karaoke Saiñeiro
tío manolo
Karaoke Saiñeiro
cafetería parís
Karaoke Saiñeiro
carnicería barreiro

O karaoke Saiñeiro xorde como unha alternativa de ocio de caliade en Noia a partir da súa apertura no ano 1994, brindando dende entón un lugar de diversión e esparexemento para todos aqueles que quixeron gozar do noso local de música en karaoke.

Polo karaoke Saiñeiro pasaron algúns dos máis destacados artistas do Barbanza, onde puideron dar renda solta ás súas capacidades, sendo semilleiro de figuras musicais que participaron en diversos concursos de cadeas locais de TV e, incluso, en programas da TVG como Téquele-Téquele ou Teleshow.

Ademais, o noso amplo repertorio conta con cancións de hoxe e de sempre, que permiten aos nosos clientes gozar da boa música e expresa-las súas dotes artísticas cos grandes clásicos da música española e estranxeira coa que contamos no karaoke.

O karaoke Saiñeiro de Noia é, en fin, un referente de diversión e música en toda a zona do Barbanza, atraendo non só cantantes de Noia, senón tamén as mellores voces de Porto do Son, Outes, Boiro, Riveira, Pobra do Caramiñal...

Karaoke Saiñeiro
 Hostelería Barreiro - Noia - A Coruña (Galicia) - 981 822 850 contacto mapa web aviso legal
Diseño Web: NAI Soluciones Informáticas ADMIN