hosteleriabarreiro.com
inicio quen somos novas localización ligazóns contacto mapa web
Hotel en Galicia
 hotel tío manolo
  - o hotel tío manolo
  - Cea/Xantar San Xosé
  - os nosos servizos
  - horarios e localización
  - galería fotográfica
  - formulario de contacto
os nosos locais
Cafetería París
cafetería parís
Restaurante Karaoke Saiñeiro
saiñeiro
Karaoke Saiñeiro
carnicería barreiro

Hotel “Tío Manolo” de Noia (A Coruña) abre as súas portas ao público o 8 de xuño de 2009. O hotel, situado poucos metros da preciosa alameda de Noia (Galicia), ben comunicado e nunha zona moi tranquila, conta cunhas modernas instalacións e un trato familiar e personalizado que farán da súa visita un momento inesquecible.
 

Hotel “Tío Manolo” de Noia, dentro da empresa “Hostelería Barreiro, S.L.”, é a culminación do esforzo do matrimonio Constantino Barreiro e Esperanza Romero, que no ano 67 asentáronse en Noia, abrindo ao público unha carnicería con gran éxito comercial, na que tamén traballaron súas 5 fillos: Manolo, Purita, Javier, Víctor Manuel e María. No ano 1995, con Purita e o seu marido Antonio Mirón á fronte, introducímosnos no mundo da hostalería, co restaurante “Saiñeiro”, que foi un éxito rotundo e, grazas ao karaoke situado na planta alta do mesmo, convertemos as noites en Noia en máis alegres e divertidas.

No ano 2000 inaugírase a grellada “A Marina” nun antigo local que renovamos no centro de Noia. Posteriormente, no 2002, abriu as súas portas o “Café Paris”, na moderna zona de San Lázaro; local moi concorrido onde os seus exquisitos almorzos son moi demandados.

Hotel en Noia

No ano 2003 ve a luz a chocolataría “Alex-Ton”, situada na praza de abastos de Noia (A Coruña), onde o chocolate e os churros fan as delicias de pequenos e grandes.

Pero volvendo ao noso hotel en Noia (Galicia), recibe o seu nome por parte dos fillos de Purita e Antonio, que en recordo do seu tío “Manolo”, que lamentablemente xa non está entre nós, quisieron bautizar así ao Hotel.

Somos conscientes de que o momento é moi difícil, pero con entrega, traballo e moita ilusión estamos seguros de que lograremos acadar o éxito, que será que os nosos clientes se sintan cómodos e satisfeitos. Esta é parte da historia dunha familia honrada e traballadora.
 
 Hostelería Barreiro - Noia - A Coruña (Galicia) - 981 822 850 contacto mapa web aviso legal
Diseño Web: NAI Soluciones Informáticas ADMIN